Publicador de contidos

Exercicio de resistencia do Celta en Vallecas

Exercicio de resistencia do Celta en Vallecas

O Celta saca un empate sen goles de moito mérito diante dun Raio Vallecano que ata este encontro gañara todos os partidos como local

G24.gal 01/11/2021 20:25

O Celta conseguiu sacar un punto do campo de Vallecas e continuou coa boa serie de resultados que está a conseguir como visitante. O empate final chegou logo dun primeiro tempo no que os madrileños foron mellores e Dituro realizou intervencións de moito mérito e unha segunda parte na que o Celta controlou moito mellor o partido e mesmo ameazou a porta do Raio. 

En ausencia de Mallo e Aspas o encargado de levar a braceira foi Brais, que viu o quinto cartón do ciclo En ausencia de Mallo e Aspas o encargado de levar a braceira foi Brais, que viu o quinto cartón do ciclo

Coudet quixo reservar a Iago Aspas, moi cargado de minutos, para o partido diante do Barcelona. Pola contra todo apunta a que terá dúas baixas moi importantes nese gran encontro. Santi Mina tivo que retirarse mancado no primeiro tempo e Brais Méndez viu o quinto cartón amarelo e cumprirá o ciclo. 

Dituro tivo unha actuación destacada, sobre todo no primeiro tempo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos