Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evoluciona ben a nena que intentou suicidarse por sufrir acoso escolar

Evoluciona ben a nena que intentou suicidarse por sufrir acoso escolar

A rapaza aragonesa tirouse dende un cuarto piso no segundo día de clase

G24.gal 13/09/2022 19:25 Última actualización 13/09/2022 20:09

En Zaragoza, permanece ingresada en estado grave a nena que saltou dende o cuarto piso da súa casa nun intento de acabar coa súa vida. A rapaza evoluciona favorablemente.

O suceso produciuse no segundo día de clases e, segundo os pais da cativa, está relacionado coa situación de acoso que sofre a nena na escola dende o ano pasado.

Este é o seu segundo ano no colexio Agustín Gericó e, segundo os pais, a cativa non se viu con forzas de seguir aturando este maltrato.

A cativa falou da súa situación na casa e, segundo os pais, eles mesmos intentaron en varias ocasións que o centro tomase medidas, pero sen éxito. Din que nin sequera se activou un protocolo antiacoso.

Antes de tirarse no seu intento de suicidio a nena deixou unha carta para os pais e para a avoa.

O Servizo de Educación de Zaragoza e a policía abriron unha investigación para esclarecer a situación

Os pais pediron que a cativa e o seu irmán sexan trasladados a outra escola.

O colexio di que lamenta o ocorrido, que está en contacto permanente coa familia e que van colaborar para esclarecer o suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade