Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estudantes de Redondela retiran cabichas e outros residuos da praia de Aguete

Estudantes de Redondela retiran cabichas e outros residuos da praia de Aguete

Estudantes de primeiro de bacharelato e do ciclo de Comercio desenvolven na praia marinense unha práctica de protección ambiental 

Imaxe dalgúns participantes na práctica ambiental que desenvolveron este venres en Aguete
G24.gal 16/05/2022 08:17

Estudantes dun colexio de Redondela saíron este venres das aulas para desenvolver unha actividade de protección ambiental en Marín. Guiados por unha profesora e un profesor deron unha lección da importancia que ten non ir deixando residuos no espazo natural.

Cabichas e plásticos foi o que máis retiraron da praia de Aguete estudantes do colexio Vigo que participaron nesta práctica de protección do medio. Había  algunha peza grande, pero o areal aparentemente estaba limpo cando chegaron.

Jesús Graña, profesor di que "sempre quedan residuos pequenos. Ao que imos nós é principalmente a microplásticos, cabichas... ao que máis envelena este tipo de areais".

A busca de residuos non foi só sobre a area, onde as cabichas eran o lixo máis abundante, tamén na auga. Alumnas e alumnos participantes falan dos residuos que encontraron neste areal, sobre todo, cabichas.

Valoran a práctica feita a maña do venres e todos chaman a atención para que quen use a praia non deixe nada de lixo atrás. Nada. As rapazas e rapaces participantes nesta experiencia dan suxestións para non deixar lixo nas praias e falan da importancia de conservalas limpas e de que haxa máis  iniciativas ambientais deste tipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos