Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estefanía cóntanos a súa historia de superación persoal

Estefanía cóntanos a súa historia de superación persoal

Unha trintena de mozos con discapacidade intelectual prepáranse na asociación Down de Ourense para conseguir un emprego

O caso de Estefanía Lorenzo sérvelles de inspiración e de estímulo. Esta moza, de 29 anos, acaba de sacar unha praza no Sergas

G24.gal 16/11/2022 21:11 Última actualización 16/11/2022 21:31

Aos seus 29 anos, Estefanía Lorenzo González non sabe o que é estar parada. Titulada en Xestión Administrativa, compaxina os estudos de inglés co seu actual emprego, no Colexio de Avogados de Ourense. Independizouse da familia para levar unha vida autónoma na cidade.

"Levántome ás mañás, vou ao traballo, descanso... Se teño que vir á asociación, veño, se non vou a inglés para seguir repasando...", explica Estefanía.

Sen deixar de traballar, decidiu preparar oposicións para obter unha praza fixa, e conseguiuno ao terceiro intento.

"Houbo que estudar bastante. Algunhas preguntas eran moi rebuscadas para que non sacásemos a praza", ri.

Incorpórase ao centro de saúde de Ribadavia en menos dun mes, como persoal de servizos xerais.

"Aínda non cría que sacara a praza para o Sergas. Eu son feliz".

É a segunda opositora da asociación Down de Ourense que consegue o seu obxectivo.

Lorena Prieto Rúa, preparadora laboral da asociación Down: "Queren traballar, ter o seu soldo, ser independentes, para estaren incluídos cen por cento na sociedade, como calquera de nós".

Aquí orientan unha trintena de mozos no proceso de formación e emprego, tanto para o sector público como para a empresa privada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade