Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estáfanlle 1.500 euros por Bizum ao facerlle crer que está a aceptar un pago por un vehículo

Estáfanlle 1.500 euros por Bizum ao facerlle crer que está a aceptar un pago por un vehículo

Empregan palabras como "urxente" para que a vítima acepte a transacción sen ler

O equipo @ da Garda Civil investiga estes delitos cada vez máis frecuentes

Recomendan ler detidamente antes de facer unha transacción e non actuar con urxencia

Marta González Salve 24/11/2021 13:58

Bizum, ese pequeno grande invento que para pequenos pagos é unha ferramenta que resulta moi cómoda e moi útil, porque só se precisa o número de teléfono da persoa á que queremos pagar ou cobrar ese importe.

O problema é que, como con case todo, tamén están a aparecer estafadores especializados en Bizum. Os ciberdelincuentes non perden o tempo.

Tan só 20 minutos despois de anunciar o seu coche nunha plataforma de compravenda, Tania recibía a chamada dun suposto comprador interesado en adquirir o seu vehículo de xeito urxente, polo que lle propuxo enviarlle 500 euros para a reserva por Bizum.

Facendo caso á premura que lle reclamaba o suposto comprador, aceptou a transacción. Foi aí cando se decatou que de que o seu saldo diminuíra. Cando se puxo en contacto co suposto comprador, este díxolle que lle mandaría o acordado mais o supostamente mal descontado.

A nova urxencia manifestada polo delincuente fíxoa caer dúas veces na mesma estafa, que pasou de 500 a 1.500 euros.

Esta é unha das últimas denuncias deste tipo de estafas a través do provedor de servizos Bizum que está a investigar o equipo @ da Garda Civil. Estafas que se multiplicaron desde o inicio da pandemia.

Ante a sospeita de que poidamos estar a ser vítimas dunha estafa, recomendan ler con atención.

Nestes casos, recuperar os cartos é practicamente imposible, polo que Tania creou unha plataforma de afectados en change.org para que Bizum mellore a aplicación co fin de evitar estas estafas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade