Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Estados Unidos soben os tipos de xuro medio punto, o maior incremento en 22 anos

Os Estados Unidos soben os tipos de xuro medio punto, o maior incremento en 22 anos

A suba nótase no encarecemento dos préstamos. O máis inmediato, as hipotecas de tipo variable

G24.gal 05/05/2022 08:39

Coa economía mundial sacudida pola inflación, chegan as medidas para tentar reducir a demanda e baixar os prezos. Volven as políticas monetarias restritivas. A maior economía do mundo sobe o prezo dos cartos medio punto.

O presidente da Reserva Federal confirmaba que o tipo de xuro queda entre o 0,75 e o 1 %, despois de dous anos no 0 para estimular a economía tras a pandemia. E non queda aí. Anticipou máis aumentos nos próximos meses, de forma que poderían rematar o ano cos tipos próximos a un 3 %. 

E xa anticipa o que pasará tamén en Europa. A eurozona aínda non moveu ficha e mantén os xuros nun 0, pero os mercados prevén tres subas este ano. E no propio Banco Central abrían a porta a un primeiro incremento en xullo.

Afectará directamente a economía dos cidadáns. O máis inmediato será a suba das hipotecas de tipo variable. De feito, o euríbor xa está subindo, só polas expectativas. Pero, en xeral, encareceranse todos os créditos. 

A parte positiva chega para os aforradores, que recibirán maiores ingresos polos cartos que teñen no banco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade