Publicador de contidos

Publicador de contidos

España leva o Europeo de fútbol sala feminino cunha achega decisiva das galegas

España leva o Europeo de fútbol sala feminino cunha achega decisiva das galegas

Dobrete de Ale de Paz, que permitiu forzar unha quenda de penaltis (3–3) na que Silvia Aguete foi determinante

G24.gal 03/07/2022 22:51

España revalidou o título europeo de fútbol sala feminino ao impoñerse na final a Portugal na quenda de penaltis. A achega das xogadoras galegas resultou decisiva, cunha actuación brillante de Silvia Aguete baixo os paus e de Ale de Paz no aspecto goleador. 

O encontro púxose moi mal cando as portuguesas conseguiron un 2–0 antes do descanso. A escasos segundos de que soase a bucina, Ale de Paz recortou diferenzas e a cinco minutos para o final marcou o gol que levaba o partido á prórroga. 

No tempo suplementario puido acontecer calquera cousa, porque María Sanz adiantou a España e a portuguesa Pisko (m 49) conseguiu levar a final á quenda de penaltis (3–3). Nese intre apareceu Silvia Aguete, estelar ao longo do partido, para deter tres lanzamentos de Portugal e darlle o título á selección española. 

No titulo tamén participou unha terceira xogadora galega, Luci, e dúas xogadoras do Burela Pescados Rubén: Dany e Peque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos