Publicador de contidos

Publicador de contidos

Scholz apoia na Coruña o gasoduto a través dos Pireneos

Scholz apoia na Coruña o gasoduto a través dos Pireneos

O gasoduto ao que se opón Francia facilitaría o abastecemento de gas a Europa

Na xuntanza entre os gobernos español e alemán non se tratou a participación de España nun escudo antimísiles

A declaración conxunta que sae deste cumio hispano-europeo celebrado na Coruña recolle o compromiso de reforzar a cooperación en materia de armamento e industria de defensa

Antón Montero 05/10/2022 18:21 Última actualización 05/10/2022 21:15

Había nove anos que España e Alemaña non celebraban un cumio ao máximo nivel. Pedro Sánchez e Olaf Scholz chegaron á Coruña acompañados por quince dos seus ministros. A crise enerxética copou boa parte do seu tempo.

España e Alemaña queren reducir a dependencia de Rusia, avanzar na descarbonización e reformar o mercado eléctrico. E volveron insistir na urxencia das novas conexións, como o gasoduto a través de Francia, ao que o país galo se opón.

"Tratamos esta cuestión, a necesidade de desenvolver estas conexións enerxéticas, que é o único xeito de conseguirmos un verdadeiro mercado enerxético europeo e integrado, e é algo polo que estamos avogando ambos os gobernos", dixo Sánchez.

O MidCat, un desexo compartido

Máis rotundo foi o chanceler: "Garantir o abastecemento enerxético fai que a construción dun gasoduto sexa un elemento chave. Grazas ao MidCat, a península ibérica e Europa central poderían conectarse no futuro para un transporte futuro de hidróxeno. Apoio de maneira explícita esta conexión".

Apoio a Ucraína

Os dous países ratifican a continuidade do apoio militar e financeiro a Ucraína e están dispostos a afondar na cooperación bilateral en materia de defensa. Falaron tamén das regras fiscais europeas, que Sánchez quere que sexan máis flexibles e ao que Scholz se opón.

Asinaron tamén un plan de acción conxunta para preparar proxectos de cooperación entre todos os ministerios. Na Coruña, os responsables de Traballo e Universidades asinaron os primeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade