Publicador de contidos

Publicador de contidos

España disporá de tres centros de recepción de refuxiados ucraínos que foxen da guerra

España disporá de tres centros de recepción de refuxiados ucraínos que foxen da guerra

Estarán en Madrid, Alacant e Barcelona, segundo confirmou o ministro de Migracións

Máis de 6.000 prazas onde se facilitarán os trámites burocráticos para a súa regularización

G24.gal 07/03/2022 17:08

España disporá de tres centros de recepción de refuxiados ucraínos que foxen da guerra. Estarán en Madrid, Alacante e Barcelona. Así o confirmou o ministro de Migracións nunha entrevista en Radio Nacional.

José Luis Escrivá dixo que serán máis de 6.000 as prazas, malia que se descoñece o número exacto de persoas que puidese acoller España.

Os tres centros de recepción poderán ser ampliados e neles facilitaranse os trámites burocráticos para regularización dos acollidos no país.

Ademais, pensan en organizar un trasporte para traer os nenos de orfanatos ou con algunha discapacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade