Publicador de contidos

Publicador de contidos

O volcán de Cumbre Vieja entra na súa décimo primeira semana de actividade

O volcán de Cumbre Vieja entra na súa décimo primeira semana de actividade

O Consorcio de Compensación de Seguros xa pagou máis de 52 millóns de euros aos afectados pola erupción

Volcán de Cumbre Vieja
G24.gal 29/11/2021 14:05

A erupción do volcán da Palma entra na súa décimo primeira semana próxima a converterse na de maior duración rexistrada nesta illa nos últimos 500 anos.

Polo momento só a supera a erupción do Tehuya, en 1646, con 84 días de duración.
A alta emisión de dióxido de xofre e a aparición de novas bocas e doutra coada fan pensar aos expertos que hai erupción para tempo.
Desde a pasada medianoite rexistráronse na illa máis de corenta sismos, o maior de magnitude 3,5.
O Consorcio de Seguros pagou xa case 53 millóns de euros en indemnizacións polos danos en 237 vivendas, 12 comercios, dúas industrias e 33 vehículos, pero os afectados piden maior celeridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade