Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entran en vigor as reformas da lei do aborto e da lei trans

Entran en vigor as reformas da lei do aborto e da lei trans

A lei do aborto elimina a necesidade de contar co consentimento paterno para as menores de 16 anos

Despatoloxízase o proceso de rectificación rexistral da mención relativa ao sexo

Imaxe de Chema Moya (EFE) Imaxe de Chema Moya (EFE)
G24.gal 02/03/2023 00:20

O BOE publica este mércores a reforma da lei do aborto, que permite abortar libremente ás mulleres maiores de 16 anos durante as primeiras 14 semanas de xestación, e a lei trans, que facilita a autodeterminación de xénero aos menores, ambas impulsadas polo Ministerio de Igualdade, que entran en vigor o 2 de marzo.

Lei do aborto: sen necesidade do consentimento paterno

A lei do aborto elimina a necesidade de contar co consentimento paterno para as menores de 16 e 17 anos e establece os hospitais públicos como centros de referencia para esta práctica.

O texto recolle a creación dun rexistro de obxectores de conciencia para o persoal sanitario e elimina a obriga de informar á muller sobre as prestacións e axudas de apoio á maternidade e tamén o prazo de reflexión de tres días.

Lei trans: sen necesidade de informes médicos

A lei trans recoñece a autodeterminación de xénero para maiores de 16 anos, calquera persoa poderá cambiar o seu sexo rexistral sen necesidade de presentar informes médicos ou psicolóxicos nin someterse a procesos de hormonación.

Despatoloxízase o proceso de rectificación rexistral da mención relativa ao sexo, ao que poderán acceder libremente as persoas maiores de 16 anos. Os menores de entre 14 e 16 deberán contar co apoio dos seus pais, mentres que entre os 12 e os 14 anos será necesaria unha autorización xudicial.

Os menores de doce anos non poderán cambiar o sexo, pero si o nome nos documentos oficiais.

Para o desenvolvemento e execución da lei trans, o Goberno ten un prazo dun ano desde a súa entrada en vigor para ditar cantas disposicións resulten necesarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade