Publicador de contidos

Publicador de contidos

Endesa anuncia que abandonará o negocio do gas no 2040, unha década antes do esixido

Endesa anuncia que abandonará o negocio do gas no 2040, unha década antes do esixido

O obxectivo da empresa é que toda a electricidade vendida nese ano proceda de fontes renovables

G24.gal 25/11/2021 17:24

Endesa revoluciona o mapa enerxético español ao anunciar que vai abandonar o negocio do gas en 2040. Isto é unha década antes do esixido no Plan de descarbonización.

Cun investimento de 31.000 millóns de euros na próxima década, un 22 por cento máis do anunciado, o obxectivo de Endesa é que toda a electricidade vendida en 2040 proceda de fontes renovables.

Así abandonará o gas dez anos antes do que marca o Plan nacional integrado de enerxía e clima. O grupo suma na actualidade 3.800 megawatts en ciclos combinados en España e Portugal, entre eles o das Pontes, e unha carteira de 1,6 millóns de clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade