Publicador de contidos

Publicador de contidos

Encher o depósito custa unha media de once euros máis ca o sábado pasado

Encher o depósito custa unha media de once euros máis ca o sábado pasado

O desconto do Goberno xa non é para todos e o gasóleo e a gasolina subiron de prezo

G24.gal 07/01/2023 14:15 Última actualización 07/01/2023 14:50

O 31 de decembro foi o último día que se aplicou o desconto do Goberno de 20 céntimos o litro de combustible. Case unha semana máis tarde, sen esta subvención directa e co incremento dos prezos, encher o depósito sae unha media de once euros máis caro. 

Este encarecemento do prezo do combustible débese a dous factores: que xa non se aplica esta subvención directa e que se produciu un lixeiro encarecemento do prezo dos combustibles, entre o 1 e o 3 % de media, segundo a estación de servizo.

A cidadanía bota contas do que supón o importe actual dos carburantes sen axuda estatal. Só transportistas, agricultores, navieiras e pescadores manteñen o desconto dos vinte céntimos por litro de carburante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade