Publicador de contidos

Publicador de contidos

É o momento de colocar as trampas antivelutinas

É o momento de colocar as trampas antivelutinas

Dúas especies novas de avéspora invasora chegaron á Península Ibérica

Imaxe dunha trampa antivelutina para colocar en plantas, como camelios, que están en floración
G24.gal 23/03/2022 08:53

Estamos no momento da loita contra a avéspora asiática ou velutina, especie invasora que pode arrasar cun apiario e que é un risco para a vida humana.

Agora cando tras a hibernación empezan o novo ciclo hai que pararlles as ás instalando arpas eléctricas para protexer as colmeas e colocando  trampas en condicións nas plantas que están en floración. Explícanolo Lolo Andrade, formador nacional para o control de pragas:

"Os furados deben ter ata 9 milímetros para que non entren paxaros, ratos, lagartos e grandes insectos, grandes bolboretas, grandes escaravellos, porque non é o que temos que capturar. O atraente que boten dentro da trampa, que sempre poñan vinagre e alcol que fan que os polinizadores, ou sexa, insectos beneficiosos, non entren, e logo que teñen produtos comercias xa apropiados para iso".

E en maio, retirar as trampas, subliña o noso experto, que nos mostra os cadáveres de novas avésporas invasoras xa chegadas a España e que vemos a ambos lados dun grupo central de velutinas. As dúas, sinala, teñen moito veleno.

"Temos a avespa orientalis que está na zona de Cádiz, A Línea e Xibraltar, e que xa pegou un salto chamado antrópico, ou sexa, debido ao ser humano porque se moveu nun colector de mercadoría, nun camión... e chegou a Valencia cidade. Despois temos a avespa bicolor na zona de Málaga, Alahuín e Marbella. Son dúas especies de tamaño similar á velutina que, por desgraza, tamén cazan abellas. Son avespas grandes que son perigosas", explica Andrade.

A globalización e a transferencia de mercadorías propicia a propagación desta e doutras especies e pragas, ao que tamén axuda o quecemento da Terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade