Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas detidas en Vigo por estragar un grupo escultórico na cidade

Dúas persoas detidas en Vigo por estragar un grupo escultórico na cidade

Trátase de dous cidadáns portugueses que a emprenderon a patadas contra as esculturas da familia Buciños

G24.gal 24/04/2022 15:32

Detidos dous cidadáns portugueses que pasaban a noite en Vigo, nun piso de alugueiro, por arrincar a patadas as esculturas da familia Buciños da céntrica rúa Vía Norte e agochalas no seu cuarto.

Trátase de catro pezas que levaron consigo e que os axentes puideron localizar no interior do piso alugado durante a fin de semana. Os feitos aconteceron de madrugada e foron os propios veciños os que alertaron os axentes.

Os turistas participaban dunha despedida de solteiro e ambos foron detidos por un presunto delito de danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade