Dúas nenas de 12 e 13 anos matan a coiteladas outra menor en Alemaña
As rapazas confesaron o asasinato nun segundo interrogatorio
A vítima desaparecera o sábado cando volvía de visitar unha amiga

Dúas nenas, de 12 e 13 anos, admitiron este martes que acoitelaron unha compañeira da mesma idade, no oeste de Alemaña. A vítima desapareceu o sábado cando volvía de visitar unha amiga á súa casa na localidade de Freudenberg, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia.
A policía atopou o seu cadáver, desangrado, un día despois nunha zona boscosa. Axiña sospeitaron das dúas menores porque as súas declaracións non encaixaban coas doutras testemuñas. Confesaron nun segundo interrogatorio.
A autopsia xa determinara que "a nena morreu a consecuencia das numerosas feridas de arma branca e a conseguinte gran perda de sangue", indicou o fiscal, que tamén confirmou que non había indicios de delito.
A policía aínda segue buscando a arma do crime.