Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas mil persoas maniféstanse nas rúas de Madrid contra o cumio da OTAN

Dúas mil persoas maniféstanse nas rúas de Madrid contra o cumio da OTAN

Berros en contra da Alianza Atlántica, da guerra e da represión na fronteira de Melilla

Forte vixilancia policial nunha marcha que transcorreu sen incidentes

G24.gal 26/06/2022 15:14 Última actualización 26/06/2022 20:56

Rexeitamento ao cumio madrileño da OTAN, á posición do executivo español ante guerra de Ucraína e berros pola paz no mundo. Ese pode ser o resumo da manifestación convocada pola Plataforma Estatal pola Paz-OTAN Non na capital do Estado. A marcha comezou o seu percorrido en Atocha ás 12 do mediodía e rematou na praza de España. Era evidente a forte vixilancia policial a xeito de preludio do que acontecerá en Madrid a semana vindeira, sobre todo o 29 e o 30 deste mes.

Na manifestación participaron integrantes da dirección federal de Izquierda Unida e singularmente Enrique Santiago, secretario de Estado da Axenda 2030 no Ministerio de Ione Belarra. El pertence a IU e Belarra a Podemos. Non houbo dirixentes da formación morada na manifestación, xa que optaron por un perfil discreto ante o cumio da Alianza Atlántica para evitar diverxencias no seo do Goberno.

Durante a marcha tamén se berraron consignas en contra das bases estadounidenses en España e a favor dun cumio pola paz e non pola guerra.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade