Dous feridos ao caer unha avioneta e incendiarse en Mollerusa, Lleida
Unha das persoas ferida está grave e a outra en estado menos grave
Os seus dous ocupantes puideron saír da avioneta polos seus propios medios antes de que comezase o lume
A pequena avioneta incendiouse ao impactar contra a terra
.png)
Dúas persoas quedaron feridas, unha grave e a outra en estado menos grave, ao caer en Mollerussa (Lleida) a avioneta na que viaxaban, que se incendiou unha vez en terra.
Os Bombeiros da Generalitat informaron de que este suceso tivo lugar pasadas as oito e media da mañá pouco despois de que a avioneta despegase do aeródromo de Mollerussa.
A aeronave caeu nun campo da localidade e ardeu completamente. Os seus dous ocupantes puideron saír da avioneta polos seus propios medios antes de que comezase o lume.
En primeira instancia foron atendido no lugar do accidente por sanitarios do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM), que posteriormente os trasladaron ao hospital Arnau de Vilanova, en Lleida.