Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump acusa de mentir o comité que o citou para declarar polo asalto ao Capitolio

Trump acusa de mentir o comité que o citou para declarar polo asalto ao Capitolio

Trump respondeu á citación cunha carta onde di que as acusacións que formulan contra el son falsas e insiste en que houbo fraude electoral no 2020

G24.gal 14/10/2022 18:05 Última actualización 14/10/2022 18:33

O expresidente dos Estados Unidos Donald Trump respondeu este venres formalmente ao comité lexislativo que decidiu citalo para testificar sobre o asalto ao Capitolio o 6 de xaneiro de 2021.

Trump dixo que as acusacións que formulan contra el son falsas e insiste en que houbo fraude electoral nos comicios presidenciais de 2020.

Nunha carta de 14 páxinas, o exmandatario mostra pouca vontade de comparecer ante ese comité da Cámara Baixa e inclúe un anexo con supostas "probas" de que houbo fraude electoral masivo.

O político republicano non aclara explicitamente se cumprirá ou non coa citación que será enviada polo comité, pero as súas críticas demostran pouco interese en cooperar coa investigación.

De feito, acusa ao comité de facer "unha cacería de bruxas ao máis alto nivel".

O comité investiga desde hai máis dun ano o asalto ao Capitolio do 6 de xaneiro de 2021.

Ese día unha turba de seguidores de Trump irrompeu na sede do Congreso dos EUA cando se celebraba unha sesión para ratificar a vitoria electoral de Biden.

Houbo 5 mortos e uns 140 axentes feridos.

Pouco antes do ataque, Trump pronunciou un discurso incendiario desde a Casa Branca onde reiterou as súas denuncias infundadas de que os demócratas cometeron fraude nos comicios e instou aos seus partidarios a marchar cara ao Capitolio.

Tras meses de investigación, os lexisladores do comité votaron este xoves a favor de chamar a Trump a testificar, ao considerar que debe render contas pola violencia perpetrada polos seus simpatizantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade