Publicador de contidos

Publicador de contidos

Díaz emenda a Podemos e asegura que os contratos para o cumio da OTAN foron legais

Díaz emenda a Podemos e asegura que os contratos para o cumio da OTAN foron legais

A vicepresidenta segunda asegura que onte non asistiu ao acto porque tivo que facer unhas probas médicas

Condiciona á súa axenda a asistencia ao cumio da OTAN que se celebrará en xuño

G24.gal 31/05/2022 14:56

Yolanda Díaz asegura que este luns non acudiu ao acto de conmemoración da entrada de España na OTAN por cuestións persoais, por ter que realizar unhas probas médicas, pero segue sen confirmar a súa presenza no cumio que a alianza celebrará a finais de xuño en Madrid.

"En canto coñezamos as axendas, comunicarémosllelo", aseguroulles aos xornalistas na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Na mesma liña pronunciouse o ministro de Consumo, Alberto Garzón, asegurando descoñecer o que vai facer a próxima semana. Pero para o Goberno, o cumio é de "transcendencia histórica", porque, segundo a voceira Isabel Rodríguez, "acolleremos ducias de xefes de Estado e Goberno".

Como partido, Podemos si amosa as súas discrepancias co celebración dese cumio, tanto no fondo como na forma. Os morados criticaron que os contratos para a súa organización foran adxudicados "a dedo", algo que nega  a vicepresidenta segunda. 

"Este contrato foi aprobado en termos de legalidade nun Consello de Ministros e o expediente está a disposición da sociedade española. Insisto, cumpre con todos os requisitos de legalidade", asegurou Yolanda Díaz.

Pola súa parte, o líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, pide que se aclare o asunto, xa que considera "gravísimo" que "un partido do Goberno acuse de prevaricación o propio Goberno".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade