Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos en Lugo os seis integrantes dunha banda especializada en roubo de cable de cobre

Detidos en Lugo os seis integrantes dunha banda especializada en roubo de cable de cobre

O seu modus operandi consiste en cortar os cables dos postes, sobre todo en zonas illadas, partíndoos e pelándoos no mesmo lugar

O material recuperado foi posto a disposición das empresas prexudicadas para o seu tratamento e destino oportuno

G24.gal 12/11/2025 12:34

A Garda Civil detivo na provincia de Lugo os seis integrantes dunha banda especializada no roubo de cable de cobre, aos que se lles imputa un delito de pertenza a grupo criminal e outro continuado continuado de furto.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, tívose coñecemento da subtracción de cable telefónico nos municipios de Santa Eulalia de Oscos (Asturias) e da Fonsagrada (Lugo), onde os agora detidos, tras cortar e acumular numerosas mangueiras de cobre en días previos, cargaron nunha furgoneta, a pasada fin de semana, o material subtraído para o seu traslado e posterior venda.

O seu modus operandi consiste en cortar os cables dos postes, sobre todo en zonas illadas, partíndoos e pelándoos no mesmo lugar (onde abandonan fúndalas). Déixanos depositados en fardos dun metro de lonxitude e duns 40 ou 50 quilos de peso cada un para facilitar o seu transporte, "ocultándoos entre a maleza existente ata o seu posterior traslado", explican os axentes.

Cando teñen acumulada unha determinada cantidade son recollidos, sempre en horario nocturno, en furgonetas ou pequenos camións de alugueiro que se desprazan desde a súa base de operacións ata o lugar onde ocultan o material roubado, "o que, a diferenza do tradicional roubo de cobre, dificulta a súa localización en chatarrerías da zona en que levaron a cabo o feito, e, en consecuencia, a investigación do mesmo".

O material recuperado foi posto a disposición das empresas prexudicadas para o seu tratamento e destino oportuno. Os detidos foron postos a disposición da autoridade xudicial.

"O furto de fío de cobre utilizado no tendido telefónico incrementouse, aproveitando o cambio por fibra óptica que están a levar a cabo as compañías telefónicas, onde o cable antigo, en desuso, que se atopa nas liñas telefónicas rurais é subtraído, non xerando incidencia nas compañías telefónicas ao atoparse inutilizado, ante o cal grupos delituosos centran a súa actividade en zonas rurais para apropiarse deste prezado material", relata a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade