Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home na Coruña acusado de agredir sexualmente unha moza

Detido un home na Coruña acusado de agredir sexualmente unha moza

O presunto agresor bicou e tocou a muller sen consentimento nun pub da cidade

G24.gal 29/01/2023 21:03 Última actualización 29/01/2023 21:32

A rápida actuación do equipo de seguridade dun pub do centro da Coruña facillitou a detención dun home de 44 anos que presuntamente agredira sexualmente unha clienta do local.

O atestado policial recolle que o arrestado entrou no pub en estado de embriaguez e que intentou iniciar unha conversa coa vítima.

Ela pediulle que marchase, pero o home insistiu, agarrouna polo pescozo e bicouna á forza mentres lle realizaba tocamentos.

Nese momento interveu un dos vixilantes, que retivo o presunto agresor ata que chegou a Policía. Nas próximas horas pasará a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade