Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Sevilla polo asasinato da súa exparella, desaparecida hai dous meses

Detido un home en Sevilla polo asasinato da súa exparella, desaparecida hai dous meses

O corpo da muller atopárono escondido tras uns xuncos no río Guadalquivir

G24.gal 22/06/2022 08:45

Detido un home de 50 anos pola súa presunta implicación no asasinato da súa exparella, que levaba desaparecida desde hai dous meses en Sevilla. 

O corpo da muller atopábano onte ó mediodía, escondido tras uns xuncos no río Guadalquivir. Tras unha longa investigación, e ante as evidencias contra el, o home acabou confesando onde escondera o cadáver. O detido ten antecedentes penais por malos tratos. 

A muller estaba inscrita no Rexistro Central para a Protección das Vítimas de Violencia Doméstica (VioGén), tras denunciar á súa parella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade