Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un ciclista na AP-9 que tentou agredir un axente

Detido un ciclista na AP-9 que tentou agredir un axente

O incidente produciuse cando o policía lle lembrou que está prohibido circular por autoestrada en bicicleta

Marta González Salve 06/04/2022 14:24

Foi unha chamada do 112 a que alertou a Central Operativa de Tráfico da presenza dun ciclista circulando pola AP-9 á altura de Cabanas, no punto quilométrico 20,800.

Ata ese punto desprazouse unha patrulla do destacamento de Ferrol, que interceptou o ciclista e informouno da prohibición de circular en bicicleta por autoestrada, polo que debía abandonar a vía.

Tras negarse a saír da autoestrada e a identificarse, os axentes comunicáronlle que procederían á súa detención como presunto autor dun delito de desobediencia grave. Foi nese intre cando o ciclista tratou de agredir un dos axentes. 

Finalmente foi detido como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade e outro de desobediencia grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade