Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha moza de Lugo por ferir cun vaso na cabeza a súa cuñada

Detida unha moza de Lugo por ferir cun vaso na cabeza a súa cuñada

A vítima tivo que ser atendida no hospital da fenda que lle provocou o golpe

Tras unha discusión, a detida agrediu a cuñada, de 21 anos

A agresora, de 18 anos, está acusada dun delito de violencia doméstica

G24.gal 17/05/2022 11:41

Unha moza de 18 anos foi detida en Lugo por agredir a súa cuñada cun vaso e provocarlle unha ferida na cabeza, da que foi preciso que a atendesen no hospital. O incidente ocorreu logo dunha forte discusión que mantiveron ambas nunha vivenda da rúa Paxariños da cidade.

Un particular alertou de madrugada a Policía Local de que se estaba producindo unha liorta entre dúas mulleres. Cando chegaron os axentes, unha delas estaba tirada na rúa, cunha brecha moi profunda na cabeza. A rapaza, de 21 anos, explicoulles que fora atacada pola súa propia cuñada no interior da vivenda, e que fuxiu para evitar que a seguira golpeando.

Os policías solicitaron a intervención dunha ambulancia do 061, que trasladou a vítima ao hospital Lucus Augusti para ser atendida das lesións que presentaba na cabeza. Unha vez evacuada, os axentes dirixíronse á vivenda na que se producira a liorta e localizaron a agresora.

A agresora recoñeceu que lle dera á súa cuñada un forte golpe cun vaso na cabeza. Por este motivo foi trasladada ás dependencias da Policía Local, onde lle abriron dilixencias como autora dun delito de violencia doméstica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade