Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen unha parella de Boiro por presuntos delitos de tráfico de drogas

Deteñen unha parella de Boiro por presuntos delitos de tráfico de drogas

No rexistro da vivenda, onde vendían a droga, a Garda Civil comisou 37 doses de cocaína, 40 de heroína e haxix

G24.gal 14/06/2022 14:00

A Garda Civil de Boiro desarticula un punto de venda de drogas na localidade coruñesa coa detención dunha parella, veciños de Boiro, por tráfico de drogas. Incautáronse de máis de 37 doses de cocaína, 40 de heroína e haxix.  

No marco da operación Quinterillo, iniciada o pasado mes de agosto, tamén foron comisados 344 euros e diferentes útiles empregados para manipular a droga. Os detidos contan con numerosos antecedentes e foron postos á disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Ribeira.

Segundo as autoridades, distribuían substancias estupefacientes a consumidores da zona da Barbanza e empregaban para facelo a vivenda dun deles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade