Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen o capitán do mercante accidentado en Xibraltar e controlan a vertedura contaminante

Deteñen o capitán do mercante accidentado en Xibraltar e controlan a vertedura contaminante

Salvamento Marítimo de España colaborou na colocación de barreiras anticontaminación 

G24.gal 01/09/2022 20:04

Detido o capitán do mercante sinistrado en Xibraltar, ao parecer por desoír ordes do porto tras a colisión con outro barco.

O Ministro principal de Xibraltar di que o oficial desobedeceu as ordes de parar ao considerar que o barco non sufrira danos. Só parou cando, xa no Estreito de Xibraltar, a entrada de auga no buque facía imposible a navegación.

Agora o detido está a colaborar nos traballos de contención da vertedura da carga do seu barco, unha fuga que xa se deu por controlada esta tarde.

Desde hai unhas horas, unha barcaza baleira as 500 toneladas de fuel e gasóleo da carga tras a posible rotura do casco. Tardará dous días en facelo, entre fortes medidas anticontaminación que protexen tamén as praias próximas, gaditanas e xibraltareñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade