Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellada unha rede internacional de narcotráfico vencellada a cárteles mexicanos

Desartellada unha rede internacional de narcotráfico vencellada a cárteles mexicanos

Os axentes incautáronse de 1.000 quilos de gromos de marihuana e de 37 de cocaína

Realizáronse 13 rexistros en distintas localidades de Madrid e Guadalaxara

Hai 24 persoas detidas

G24.gal 04/06/2022 20:46 Última actualización 04/06/2022 21:01

O dispositivo policial, no que participaron 200 axentes, conseguiu desmantelar dous invernadoiros destinados ao cultivo de marihuana e dous laboratorios para o procesado e distribución da cocaína. 

A rede criminal internacional estaba vencellada a cárteles mexicanos e contaba cunha estrutura de sociedades en España, Colombia, Suíza e Portugal para branquear cartos. Realizáronse 13 rexistros en distintas localidades de Madrid e Guadalaxara. Hai 24 persoas detidas.

Os axentes incautáronse na operación de 1.000 quilos de gromos de marihuana e de 37 quilos de cocaína. Bloquearon 20 contas bancarias. Requisaron subfusís, varias pistolas, e diferentes obxectos e propiedades de luxo valorados en máis de seis millóns de euros.

"A investigación iniciouse a finais do 2020 cando se detectou a chegada a Madrid de varios cidadáns mexicanos, procedentes de Sinaloa, que rapidamente se instalaron en diferentes vivendas de luxo e comezaron a traballar en grandes plantacións de marihuana situadas na provincia de Guadalaxara", di María Bullo, portavoz da Policía Nacional.

A droga era procesada, envasada e serigrafada en dous laboratorios de Madrid e vendíana a persoas que chegaban de Croacia e Holanda. 

"No transcurso da investigación os axentes detectaron novamente a chegada de persoas procedentes de Suramérica, ás que a organización utilizaba de 'mulas' para introducir a cocaína en paquetes de café", destaca María Bullo, portavoz da Policía Nacional.

Tamén contaban con outras redes de distribución a través de cidadáns chineses e outros vendedores que mesmo introducían a droga en centros penitenciarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade