Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan un edificio de seis andares por mor dun incendio en Vigo

Desaloxan un edificio de seis andares por mor dun incendio en Vigo

Dúas persoas foron trasladadas ao hospital por inhalación de fume 

G24.gal 02/08/2022 08:36 Última actualización 02/08/2022 09:31

En Vigo, dúas persoas tiveron que ser trasladas ao hospital por inhalación de fume como consecuencia do incendio que se rexistrou no edificio en que residen.

Sucedeu esta madrugada e todos os veciños do inmoble afectado tiveron que ser desaloxados. O lume iniciouse nun baixo comercial dedicado as subministracións de fontanería, pero as lapas propagáronse con rapidez polo patio de luces que este edificio comparte con outro inmoble.

Preto das tres desta madrugada, o 112 Galicia recibiu numerosas chamadas de veciños que alertaban dun lume nun inmoble da rúa Esperanto, en Vigo

Para evitar riscos os bombeiros desaloxaron a totalidade do edificio de seis andares e os veciños non poderán volver as súas vivendas ata que se faga unha valoración dos danos estruturais. O baixo comercial e unha das vivendas do primeiro andar foron os máis afectados polo lume.

Os efectos do incendio declarado no baixo, cinza e rotura de cristais, alcanzaron os pisos superiores (1º, 2º, 3º e 4º) do edificio, que debeu ser desaloxado. 

En canto aos traballos de extinción, é importante sinalar que remataron preto das sete desta mañá, cando os bombeiros lograron sufocar completamente o lume. Segundo indicaron, o baixo comercial quedou completamente calcinado e a fachada sufriu bastantes danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade