Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os paquetes sospeitosos enviados ao Ministerio de Defensa non conteñen explosivos

Os paquetes sospeitosos enviados ao Ministerio de Defensa non conteñen explosivos

Contra as 13:30 da tarde alertouse ás forzas de seguridade tras recibir na sede ministerial dous paquetes estraños

Activouse o protocolo e asegurouse a zona ata que un equipo dos Tedax puido analizar eses envíos

G24.gal 01/02/2023 15:14 Última actualización 01/02/2023 16:45

Os especialistas en explosivos do Tédax analizaron dous paquetes sospeitosos que chegaron ao Ministerio de Defensa, e confirmaron que non conteñen explosivos. 

Fontes de Defensa confirmaron a recepción de dous paquete sospeitosos á primeira hora desta tarde, e que se desaloxou parte do Ministerio. Contra ás 13:30 alertouse ás forzas de seguridade e activouse o protocolo para asegurar a zona e desaloxar parte do Ministerio.

O pasado mes de decembro seis sobres con material pirotécnico xa foron remitidos a este mesmo Ministerio, ao Palacio da Moncloa, á Embaixada de Ucraína e de Estados Unidos, ao Centro de Satélites da Unión Europea, situado na base aérea de Torrexón de Ardoz, e a unha empresa de fabricación de armamento en Zaragoza.

A semana pasada foi arrestado o presunto autor destes envíos, que ingresou en prisión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade