Publicador de contidos

Publicador de contidos

Derrúbase outro treito do viaduto da A6 entre Galicia e León

Derrúbase outro treito do viaduto da A6 entre Galicia e León

Outro treito da Ponte do Castro caeu esta tarde

Reforzan a sinalización e limitan a velocidade en Pedrafita do Cebreiro

G24.gal 16/06/2022 20:03 Última actualización 16/06/2022 21:32

O viaduto do Castro da A-6 sufriu esta tarde un novo derrubamento. A parte que caeu está na Veiga de Valcarce, León, a poucos metros da entrada en Galicia.

O sinistro produciuse sobre as cinco e media da tarde a poucos metros do anterior derrubamento. Por sorte, a parte que caeu estaba xa cortada ao tráfico dende a anterior derruba, hai nove días.

O accidente, polo tanto, non deixa feridos nin afectou ao tráfico pola zona, que está desviado pola antiga nacional sexta entre os km 422 e 438 da autovía.

Representantes institucionais do BNG nos distintos municipios afectados polo derrubamento do viaduto do Castro na Autovía do Noroeste visitaron precisamente nesta xornada a zona para coñecer in situ o estado da infraestrutura e reclamar unha “solución urxente e rigorosa” que permita a reapertura ao tráfico da A-6 en condicións de seguridade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade