Cargando resultados...
Derruban a casa familiar da escaladora iraniana que competiu sen veo

G24.gal
07/12/2022 07:59
En Irán, seguen as represalias contra os que se atreven a desafiar o réxime. É o caso de Elnaz Rekabi, a escaladora iraniana que leva desde outubro baixo arresto domiciliario tras competir en Corea sen veo. O seu irmán acaba de denunciar que a casa da súa familia foi demolida.
Mentres, o réxime dos aiatolás anuncia novos castigos contra as mulleres que non leven o veo: agora ameazan con bloquearlles as contas bancarias, unha medida que formaría parte da nova normativa sobre os códigos de vestimenta.
A xustiza iraniana anunciou cinco novas condenas a morte contra persoas acusadas de participar nas protestas que sacoden o país desde hai tres meses.