Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deputados e senadores do PP piden a dimisión de Montero ante o Congreso

Deputados e senadores do PP piden a dimisión de Montero ante o Congreso

O PP vai reprobar a ministra no Congreso por acusalos de "promover a cultura da violación"

Tanto dirixentes do PSOE coma ministros socialistas critican as palabras da titular de Igualdade

Deputados e senadores do PP esixen a dimisión de Irene Montero diante do Congreso
G24.gal 01/12/2022 14:29 Última actualización 01/12/2022 17:00

Os deputados do PP concentrábanse ás portas do Congreso para pedir a dimisión de Irene Montero, que onte acusaba o principal partido da oposición de fomentar a cultura da violación. 
Eles van tomar medidas. A primeira, a reprobación da ministra. Pero esixen máis. Queren que Pedro Sánchez se desculpe, corrixa a lei e cese a ministra de Igualdade. Na concentración non estivo o presidente Feijóo, que escusou a súa ausencia porque o "grupo parlamentario ten autonomía propia"

Si se sumaron á última hora algúns deputados de Vox. As acusacións da ministra de Igualdade non só molestaron nas bancadas da oposición. Tamén están a ser censuradas polos socialistas tanto no Congreso coma no seo do Consello de Ministros. Esta mañá, en Vigo, a ministra de Ciencia, Diana Morant, era clara: "Isto é unha política destrutiva". Súmase ao desmarque onte mesmo da titular de Xustiza, Pilar Llop, e do voceiro do PSOE no Congreso, Patxi López. Ningún dos dous comparte as acusación de Montero ao PP. 

A soidade da ministra é cada vez máis evidente no Consello de Ministros, onde só saíron apoiala, Yolanda Díaz, ministra de Traballo,  e Ione Bellarra, ministra de Dereitos Sociais e secretaria xeral de Podemos.  


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade