Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home aparece degolado no piso que alugara a súa empresa en Ordes

Un home aparece degolado no piso que alugara a súa empresa en Ordes

O cadáver presentaba un corte no pescozo

A dona do apartamento foi a que topou o cadáver
G24.gal 25/02/2023 07:51 Última actualización 25/02/2023 13:09

A Garda Civil investiga as circunstancias da morte dun home novo no interior dun piso do concello de Ordes. A dona da vivenda localizou o corpo o venres pola tarde cando se dispoñía a cambiar a pechadura.

Fontes da investigación confirmaron que o falecido, de orixe estranxeira, traballaba para unha empresa de telecomunicacións que ata hai pouco tivera alugado o apartamento para aloxar o seu persoal.

A xuíza de garda ordenou o levantamento do cadáver, que presentaba un corte no pescozo, e o seu traslado ao Instituto de Medicina Legal onde lle van practicar a autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade