Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os familiares dos mariñeiros do Pitanxo declaran ante a comisión de investigación

Os familiares dos mariñeiros do Pitanxo declaran ante a comisión de investigación

Prevén unha investigación longa desde a CIAIM

G24.gal 04/03/2022 14:03

Case tres horas durou a declaración dos seis  familiares do Villa de Pitanxo diante da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos CIAIM. Son os que os investigadores consideraron que poderían achegar máis informacións sobre o naufraxio tras as súas conversas coa Dirección Xeral da Mariña Mercante. 

Este mércores prestaron declaración diante da mesma comisión, pero, neste caso, en Vigo, os tres sobreviventes.

Entre as persoas que declararon hoxe está  Marluz Esquível, muller de Edwin aínda desaparecido ou Cristopher González, fillo do moañés Fernando González. Dixeron que ían en representación de todos e que a investigación será longa e que confían en saber a verdade.

Aínda que inicialmente o seu testemuño non estaba previsto, tamén estivo na comisión María Xosé de Pazo, filla de Francisco de Pazo, que pediu que se puxese ao tanto as familias dos avances do reinicio da busca dos corpos.

As persoas que prestaron declaración hoxe poderían ter testemuños gráficos ou sonoros das últimas horas vividas no barco

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade