Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un exempregado de banca, principal sospeitoso do asalto a unha casa de Xermade

Un exempregado de banca, principal sospeitoso do asalto a unha casa de Xermade

Este mércores pasou a disposición xudicial tras ser detido pola Garda Civil

Impútanlle homicidio en grao de tentativa, roubo con violencia e falsidade documental

Os investigadores deron con el rastrexando os movementos bancarios

Félix Aragunde 27/04/2022 13:42

O presunto autor do asalto a unha casa en Xermade pasaba este mércores a disposición xudicial nos xulgados de Vilalba. Supostamente, a comezos de febreiro acudiu á vivenda dunha muller en Candamil, que fora clienta súa cando traballaba nun banco.

Ao parecer, agrediuna e rouboulle o móbil, co que lle subtraeu máis de 20.000 euros a través da banca electrónica.

Como resultado da agresión, a vítima tivera que ser ingresada na unidade de coidados intensivos do hospital Lucus Augusti, onde permaneceu ingresada durante varias semanas, e dende onde foi trasladada a un centro onde segue a recuperarse das secuelas.

Dous meses e medio despois, tras as pescudas realizadas na chamada operación Vagalume, declarada secreta, finalmente a Garda Civil detivo o suposto agresor, de 42 anos e veciño de Lugo.

Os axentes seguiron o rastro das transferencias bancarias realizadas a través do móbil e comprobaron que os cartos foran depositados en varias contas súas. Tamén rexistraron o domicilio do detido, onde comisaron material electrónico e documentos relacionados con estes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade