Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reporteiras e correspondentes reivindican o papel da muller na construción de sociedades pacíficas

Reporteiras e correspondentes reivindican o papel da muller na construción de sociedades pacíficas

Santiago acolle un debate sobre Igualdade e Violencia de Xénero en Tempos de Guerra

María Fernanda Espinosa, expresidenta da ONU
G24.gal 18/11/2022 14:51

A Asociación de xornalistas de Galicia celebrou un debate en Santiago sobre Igualdade e Violencia de Xénero en Tempos de Guerra. 

Participan mulleres correspondentes de guerra e reporteiras de distintos medios de comunicación, que reivindicaron o papel da muller na construción de sociedades pacíficas.

No relatorio inaugural a expresidenta da ONU, María Fernanda Espinosa, lamentou que no repartimento de poder e na toma de decisións internacionais, as voces das mulleres sigan ausentes ou silenciadas.

 "As mulleres somos por natureza unha sorte de arquitectas de pontes, de enxeñeiras de pontes, de diálogo, de diplomacia, de consenso. E por iso é preciso que haxa máis mulleres sentadas nas negociacións de paz, involucradas na toma de decisións para previr conflitos", dixo Espinosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade