Publicador de contidos

Publicador de contidos

De discoteca de moda en Lugo a local abandonado convertido en mercado da droga

De discoteca de moda en Lugo a local abandonado convertido en mercado da droga

Este foco de insalubridade, onde se vende heroína, xera as queixas veciñais

Félix Aragunde 21/12/2022 13:36

Nun estado cada vez máis degradado. Así é como se encontra un local que albergou unha das principais discotecas de Lugo dende os anos 80 ata que pechou as súas portas en 2004. De ser epicentro do ocio nocturno na cidade, pasou a selo do mercado da droga.

Converteuse nun punto de venda de heroína denunciado polos veciños e desartellado pola policía, onde seguen a aparecer xiringas entre os restos de cristais e as inmundicias deste foco de insalubridade.

A discoteca abandonada, que tamén acolle persoas sen teito, chegou a incendiarse este mesmo ano. Ante o risco que representa, os residentes na zona reclaman que se tomen medidas, comezando por impedir o acceso ao interior do local.

Das discotecas que había no centro de Lugo, esta da rúa Pintor Corredoira é a que se encontra en peores condicións. Actualmente, este tipo de negocios quedaron relegados aos arredores da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade