Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Iglesias: "A idea é celebrar a San Silvestre na Coruña antes do remate do Nadal"

David Iglesias: "A idea é celebrar a San Silvestre na Coruña antes do remate do Nadal"

A organización da mítica carreira de fin de ano baralla desputar a competición a vindeira fin de semana

G24.gal 01/01/2023 10:40

O temporal de auga e vento que afectou a Galicia no último día do ano provocou, ademáis de máis de cincocentas incidencias, a cancelación ou adiamento de varias actividades deportivas previstas para esa data. Entre elas estiveron as clásicas San Silvestre a desputar na Coruña, Vigo e Santiago. Na localidade herculina a decisión xa foi tomada o pasado venres, pero dende a organización traballan en poder celebrala antes do remate das festividades do Nadal. Así o asegurou  David Iglesias, do club Rialto, organizador da proba.

"Tentamos manter a proba ata o último momento pero foi imposible. Sentímolo moito porque a xente ten a carreira marcada. A notificación foi moi tarde pero foi a mellor decisión. É unha carreira á que ven moita xente de fóra da cidade, cun percorrido moi especial. Por iso queremos darlle unha solución ou polo menos buscar unha alternativa. Queremos celebralo antes de que remate o Nadal, aproveitar o venres festivo ou na fin de semana. O luns decidiremos cal foi a data escollida para esta gran festa deportiva para A Coruña".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade