Publicador de contidos

Publicador de contidos

Da ría de Arousa ao mar Cantábrico en busca da xarda

Da ría de Arousa ao mar Cantábrico en busca da xarda

Barcos pequenos de entre 8 e 14 metros fan unha gran travesía ata os caladoiros da xarda

G24.gal 18/03/2022 14:40

O Praia de Sanxenxo é un dos sete barcos da provincia de Pontevedra que partiron este venres cara ao Cantábrico na busca da cotizada xarda, que comeza a súa campaña. Dende A Coruña acompañarannos algúns máis.

Son barcos máis pequenos que os cerqueiros, para catro ou cinco tripulantes, e preparados para a pesca con anzois en lugar de arrastreiros. Van en busca desas pesqueiras por necesidade e pola escaseza dos seus caladoiros habituais.

Ven as cotas da xarda para a frota galega como unha clara discriminación fronte ás doutras comunidades cantábricas, xa que ademais de ter permitida unha cantidade moito menor por barco, eles arriscan e gastan moito máis no desprazamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos