Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas activistas pegan as súas mans aos micrófonos do Congreso

Dúas activistas pegan as súas mans aos micrófonos do Congreso

A mesma organización protagonizou nos últimos meses outras protestas semellantes

G24.gal 30/01/2023 13:23 Última actualización 30/01/2023 13:56

Dúas activistas da organización Futuro Vegetal pegaron este luns as súas mans aos micrófonos do Congreso dos Deputados. As dúas rapazas subiron ao estrado, e mentres unha delas pronunciaba unha mensaxe a outra poñía cola as súas mans e pégabaas aos micrófonos. Unha terceira persoa despregaba mentres tanto unha bandeira da organización desde o asento da presidencia do Congreso. 

Nunha mensaxe nas redes sociais, a organización ameaza con novas mobilizacións se o Goberno non elimina as subvencións á gandaría. Aseguran desde Futuro Vegetal que "o sistema agroalimentario industrial está destruíndo no noso territorio a pasos axigantados".

"Necesitamos unha transición urxente a unha alimentación baseada en plantas para asegurar a nosa soberanía alimentaria e adaptarnos ao caos climático", aseguran.

Segundo fontes do Congreso, as activistas accederon como parte dunha visita guiada. Esas mesmas fontes quitan importancia ao incidente e limítanse a dicir que quedou nun intento e que quedou neutralizado rapidamente por funcionarios da Policía Nacional da comisaría do Congreso.

Os axentes limitáronse a tomarlles os datos aos tres implicados, que puideron abandonar posteriormente as dependencias parlamentarias sen maior complicación.

Esta acción de protesta sucede a outras anteriores, como a protagonizada en decembro cando varios activistas se pegaron ao asfalto na M-30, en Madrid, en plena operación saída polo Nadal. Antes diso outros dous activistas pegaran as súas mans xunto a dous cadros de Goya no Museo do Prado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade