Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuba di "si" en referendo ao matrimonio igualitario

Cuba di "si" en referendo ao matrimonio igualitario

Foi o referendo no que a opción apoiada polo Goberno cubano recibiu un menor apoio

O presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, votaba este domingo na Habana O presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, votaba este domingo na Habana
G24.gal 26/09/2022 14:58

O "si" obtivo o 66,87 % dos votos no referendo celebrado este domingo en Cuba sobre o Código das Familias, un paquete legal que inclúe o matrimonio igualitario e a xestación subrogada, entre outras, informou este luns o Consello Electoral Nacional (CEN).

A presidenta do CEN, Alida Balseiro, informou esta mañá sobre os resultados preliminares da consulta popular levada a cabo este domingo en Cuba e na que destacou así mesmo a abstención, do 25,01 %, a máis alta nun referendo no país.

O "si" ao Código das Familias obtivo 3.936.790 votos, o 66,87 % dos emitidos, mentres que o "non" recibiu 1.950.090 papeletas, o 33,13 %.

Un vídeo colgado en Twitter pola Presidencia cubana mostra ao xefe de Estado do país, Miguel Díaz-Canel, aplaudindo ao coñecer durante unha reunión os resultados da consulta.

Trátase tamén do referendo no que a opción apoiada polo Goberno cubano recibiu un menor apoio.

O extenso texto, lei marco sobre o dereito familiar que reforma á vixente, de 1975, contempla, ademais de matrimonio igualitario e a xestación subrogada, a adopción de nenos por parte de parellas homosexuais e a prohibición do matrimonio infantil, ademais de abordar a violencia de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade