Publicador de contidos

Publicador de contidos

Crise de goberno en Italia: o Movemento Cinco Estrelas abandona a Draghi

Crise de goberno en Italia: o Movemento Cinco Estrelas abandona a Draghi

A formacón maioritaria no Goberno italiano non apoiou unha moción de confianza ao primeiro ministro no Senado

Todos os escenarios están abertos xa que Draghi sempre dixo que non gobernaría sen o M5S

G24.gal 14/07/2022 15:56

O Movemento 5 Estrelas (M5S), un dos principais partidos da coalición gobernamental en Italia, abstívose de votar hoxe unha moción de confianza ao primeiro ministro, Mario Draghi, no Senado, o que abriu unha crise de Goberno no país.

Os senadores do M5S saíron da cámara alta para non votar a moción relativa a un decreto con axudas por valor de 26.000 millóns de euros para paliar os efectos da inflación, retirando o seu apoio ao xefe do Goberno, que a pesar de todo superou a moción de confianza con 172 votos a favor e 39 en contra. 

Draghi, apoiado por unha coalición de unidade nacional, avanzara que non presidiría un Goberno sen o M5S a pesar de seguir contando con maioría parlamentaria, mentres o resto dos seus socios pídenlle que acuda ao Parlamento para verificar os apoios e seguir á fronte do Executivo. 

Agora prevese que Draghi acuda ante o xefe do Estado, Sergio Mattarella, para ver os seguintes pasos a tomar ante os posibles escenarios que se abren e que van desde a verificación do apoio ao Goberno no Parlamento ata o adianto electoral, pasando pola dimisión do primeiro ministro. 

O 'premier' reiterara insistentemente nos últimos que o seu Goberno, xurdido para afrontar a pandemia e a xestión dos millonarios fondos europeos, só tiña sentido co apoio do M5S, gañador das últimas eleccións xerais do 2018.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade