Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cribados de antíxenos nas estacións de tren de Vigo e Pontevedra con cita previa

Cribados de antíxenos nas estacións de tren de Vigo e Pontevedra con cita previa

Os viaxeiros só precisan presentar o seu billete de tren

Trátase dunha medida para detectar asintomáticos entre a poboación sen esperas

Cunha mostra de saliva en trinta minutos está o resultado

G24.gal 02/01/2022 21:33

Os cribados de antíxenos podemos facelos sen necesidade de ser pasaxeiros ou acompañantes. Tan só deberemos pedir cita previa na páxina do Sergas. 

www.coronavirus.sergas.gal/cribados

A proba é moi sinxela, rápida e gratuíta. Nela recóllese unha mostra de saliva. En cuestión de media hora teremos o resultado no noso móbil.

Se somos positivos deberemos poñernos en contacto co noso médico de cabeceira para iniciar a corentena e determinar se é necesaria unha PCR.

Os cribados poden realizarse nas dúas estacións de Vigo e tamén na de Pontevedra en horario de mañá e tarde. Os viaxeiros faranas de maneira voluntaria presentando só o seu billete e sen necesidade de cita previa.

Deste xeito queren axilizar a busca de asintomáticos e evitar así as longas ringleiras. No punto móbil do Naútico só se atenderá con cita os que precisen unha PCR por prescrición médica a través de atención primaria ou medicina preventiva. 

Os cribados nas estacións de Vigo e Pontevedra estarán operativos, en principio, ata o 15 de xaneiro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar