Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conxemar abre as portas a novos clientes e mercados para moitas empresas

Conxemar abre as portas a novos clientes e mercados para moitas empresas

Os mepresarios calculan que o custe de asistir á feira é un investimento que lles axuda a crear negocios e pechar novas encargas

G24.gal 04/10/2022 14:29

Hai empresas que manteñen a súa presenza dende a primeira edición na feira. 23 anos nos que Conxemar se consolida como un grande escaparate e o viveiro no que sementar novas oportunidades de negocio.

José Ramón Núñez Santos é o esponsable de márketing de Congalsa, unha desas empresas fieis á cita. Explica así os beneficios: "podes presentar a máis de 200 clientes todas as novidades. hai clientes de España e tamén de toda Europa". Rui Andrade Pereira, director de Comunicación do Grupo Pereira, concorda en que ten moitas vantaxes: "esta feira está moi ben situada cronolóxicamente: uns meses antes do Nadal. Negócianse contratos para marisco de Nadal".

Este ano recupérase con normalidade o contacto presencial entre clientes e provedores, unha parte importante nas relacións, como apunta Gabriel Solet, comercial de exportación de Fandicosta: "Conxemar, a verdade, trae contactos de todas partes do mundo e futuras oportunidades que poden xurdir".

Cunha situación internacional e económica complexa, a cadea mar industria mantén boas perspectivas. "Sempre houbo cambios lexislativos e políticos que nos obrigaron a buscar reconvertirnos e buscar novos caladoiros. Somos un sector moi resiliente", reflexiona Andrade.

Se moitos negocios galegos buscan aquí abrir novos mercados en terceiros países outros tratan de introducir os seus produtos en Galicia. É o caso da empresa Camanchaca, de Chile. Para o seu xerente comercial, Daniel Silva, Conxemar é "o noso porto de entrada a Europa. Dende aquí pretendemos abrir as nosas vendas a países como Portugal, Italia, Francia, Alemaña... Estamos entusiasmados co proxecto que estamos a montar en Europa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade