Publicador de contidos

Publicador de contidos

Convocan en Lugo unha protesta contra as ocupacións ilegais de inmobles no Sagrado Corazón

Convocan en Lugo unha protesta contra as ocupacións ilegais de inmobles no Sagrado Corazón

A mobilización demanda medidas por parte de todas as administracións públicas

Félix Aragunde 24/02/2022 13:50

Varios dos edificios do barrio lugués do Sagrado Corazón levan tempo ocupados de xeito ilegal. Co fin de reclamar o seu desaloxo, a asociación veciñal Porta de Lugo convocou os residentes na zona para que saian á rúa manifestarse.

A protesta está dirixida a todas as administracións. Ao Concello pídenlle que non inscriba os 'okupas' no padrón municipal; ao Goberno estatal, que lexisle para evitar as ocupacións ilegais, e á Xunta, que aumente a oferta de vivendas para persoas sen fogar.

Luis Abel Fernández, secretario da Federación Veciñal de Lugo: "Teñen que cambiar as leis. Para o que está sen vivenda, hai uns servizos sociais que lle poden axudar. O que pasa é que esta xente ocupa pisos non quere adaptarse a unhas normas. O problema vén de aí".

A mobilización terá lugar o sábado ao mediodía pola arteria principal do Sagrado Corazón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade