Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan as investigacións sobre o accidente laboral no escenario do Son do Camiño

Continúan as investigacións sobre o accidente laboral no escenario do Son do Camiño

O traballador ingresado na UCI evoluciona favorablemente

A investigación determinará as causas do accidente

Os equipos de rescate analizan a estructura do escenario derrubada
G24.gal 11/06/2022 22:01 Última actualización 11/06/2022 22:24

Continúan os labores de retirada do escenario caído e, de xeito paralelo, tamén a investigación do ocorrido no accidente en que quedaron feridos seis traballadores.

Durante este sábado continuaron os traballos de retirada do escenario caído mentres prosegue tamén a investigación das causas que motivaron o colapso da estrutura onte. O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva insistía en que hai que agardar polos resultados dos informes que están en trámite para saber o que pasou e non precipitarse. Esta mesma mañá as inspectoras analizaban durante horas as instalacións.
 

En canto ás causas, esperemos ao informe de Inspección de Traballo e do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Hai tamén un informe da Policía Nacional. Todo se trasladou á xuíza. Onte pola tarde levantouse o precinto e aí están as empresas de guindastres para retirar os ferros e deixar limpa aquela zona. 


Mentres, os traballadores feridos no accidente evolucionan favorablemente, e na UCI permanece o operario que traballaba nunha das torres e foi evacuado onte.


O máis grave aparentemente caeu desde arriba, que é o que está na UCI en situación estable e cunha evolución favorable, e os outros tiveron lesións. 


Segundo os organizadores do festival, os traballadores que operaban na montaxe levaban postos os equipos de protección individual, o que evitou lesións maiores.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade