Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba o proxecto da lei de vivenda e defende que non vulnera competencias autonómicas

O Goberno aproba o proxecto da lei de vivenda e defende que non vulnera competencias autonómicas

Inclúe, por primeira vez, o control dos prezos nas zonas máis tensionadas

Impedirá aos propietarios de Vivendas de Protección Oficial vendelos a prezo de mercado durante 30 anos

G24.gal 01/02/2022 08:54

O Goberno aproba hoxe no Consello de Ministros a lei de vivenda, que inclúe, por primeira vez, o control dos prezos nas zonas máis tensionadas.

Un ano despois de que os socios de Goberno iniciaran a negociación desta norma, e sen facer cambios malia o informe desfavorable do Consello Xeral do Poder Xudicial, o executivo deulle luz verde á lei. O texto penaliza as vivendas baleiras, permítelles ás comunidades autónomas regular o prezo dos alugueiros e prevé aumentar o patrimonio público residencial, entre outras medidas.

O texto foi pactado polas ministras de Vivenda e Dereitos Sociais despois dun ano de negociacións, e será aprobado polo Consello de Ministros malia o informe desfavorable do Poder Xudicial, ao considerar que a vivenda é unha materia de titularidade autonómica. O Goberno di que respecta todas as competencias.

A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, asegurou que esta lei non invade competencias autonómicas nin tampouco se fai contra os propietarios. Trátase, dixo, dunha lei contra a especulación

Pablo Casado di que a lei de vivenda é sectaria e xuridicamente feble

Para o líder popular, a lei de vivenda "ten debilidade xurídica, é sectaria, ataca a liberdade individual, e propiedade privada e o mercado de arrendamento. Non podemos facer unha política de okupas de salón para unha nova lei de vivenda".

A Xunta recorrerá a lei

O criterio da invasión das competencias de Galicia é o que defende a Xunta para rexeitar a lei. De feito, a conselleira de Vivenda anunciou esta mañá que a van recorrer.

"Nós pediamos a retirada da lei e ofrecemos pactar un texto de consenso coas demais comunidades autónomas. Parece que isto non vai ser así, e, polo tanto, Galicia presentará o seu recurso", asegurou a conselleira.

Minuto a minuto

13:11

Isabel Rodríguez, voceira do Goberno, comezou a conferencia de prensa tras o Consello de Ministro referíndose ao anteproxecto de Lei de vivenda, dicindo que "con esta lei estamos consolindando o quinto piar do Estado do benestar".

13:13

Isabel Rodríguez volveu lembrar os bos datos que está obtendo o Goberno entre eles, "máis de 20 millóns de traballares e traballadoras cun emprego, a alza do 5 % do PIB, o crecemento das pensións, a suba do salario mínimo interprofesional, un 15 por cento no 21 e seguirao fancendo no 22 e no 23 (...) e o investimento de máis de 26.000 millóns de euros neste primeiro trimestre do ano en relación aos fondos europeos.

13:19

Sobre a educación de 0 a 6 anos, Isabel Rodríguez dixo que para que non haxa diferenzas sociais desde o día en que se nace, "abórdase o Real Decreto para ordenación de ensinanzas mínimas para educación infantil que desenvolve a LOM-LOE e que vai entrar en vigor o próximo curso, 22-23. Por primeira vez vaise abordar con carácter educativo e non só con carácter asistencial ou de coidados".

13:26

Para avanzar na gratuidade da educación de 0 a 6 anos, Isabel Rodríguez dixo que o Goberno "xa fixo un primeiro esforzo con máis de 670 millóns de euros, tamén incorporados no Plan de recuperación, que se reparten nas comunidades para que nos próximo dous anos se acade a gratuidade en 65.000 novas prazas".

13:30

A ministra de Vivenda comezou referíndose ao Proxecto de lei polo dereito á vivenda, aprobado polo Consello de Ministros como "unha norma que foi esperada con ansiedade polo conxunto de cidadáns/as porque vai garantir o acceso a unha vivenda digna e adecuada en condicións de accesibilidade".

13:35

A ministra de Vivenda: "Solicitamos a tramitación deste anteproxecto de lei por urxencia. Coa súa remisión as Cortes, este Goberno cumpre co seu compromiso".

13:38

A ministra de Vivenda, Raquel Sánchez: "Esta lei aborda por primeira vez a historia o problema da vivenda en toda a súa dimensión. É unha lei rigorosa, sólida, compacta e transversal e que está cumprindo a función social que debe cumprir a vivenda".

13:42

Raquel Sánchez: "O Goberno con esta lei corrixe disfuncións sociais, garante o acceso a vivenda, e garante outros dereitos, como o dereito a educación, os empregos decentes (...) É unha lei imprescindible porque o mercado mostrouse ineficaz para dar resposta a esta necesidade".

13:46

Raquel Sánchez: "Ninguén debería ver na lei un choque co lexítimo dereito a propiedade. (..) Non vai contra a propiedade vai contra a especulación".

13:48

A ministra de Vivenda, sobre o informe do Consello Xeral Poder Xudicial, que non é vinculante, dixo que o "Goberno coñece perfectamente cales son as funcións consultivas do Consello Xeral do Poder Xudicial e tamén o ámbito que teñen estes informes e no caso da lei de Vivenda ese informe debía circunscribirse a tres artigos da Lei de axuizamento civil que se ven modificados a través da lei de vivenda".

13:52

A ministra de Vivenda dixo que o Goberno considera que a lei de vivenda "non invade ningunha competencia autonómica (...) Este proxecto de lei recoñece as competencias que teñen as comunidades autónomas en materia de vivenda e pon á súa disposición todos os instrumentos e recoñece a capacidade de aplicar outros instrumentos que consideren necesarios".

13:57

Raquel Sánchez: "Analizamos detidamente o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial e incorporamos observación e comentarios que melloran esta lei desde o punto de vista da técnica normativa e que aclaran conceptos e o entendemento entre cales son as competencias do Estado e as autonómicas".

14:00

Raquel Sánchez lembrou os puntos máis destacados do anteproxecto da lei de vivenda: "Somete a protección permanente o parque público de vivenda social, que non poida volver a ser alleado como ocorreu no pasado e os máis débiles nunca máis se vexan expostos a situacións de inseguridade. Tamén mellora a regulación dos desafiuzamentos en situacións de vulnerabilidade, (...) incentivará a vivenda protexida a prezo limitado, e permitirá facer reservas de solo urbanizado para estas vivendas (...)".

14:06

En canto aos prezos dos arrendamentos, Raquel Sánchez, dixo que cando se recoñeza "una zona tensionada, os arrendatarios poderán acollerse a unha prórroga extraordinaria do contrato en vigor, con carácter anual e por un período de tres anos. Para os novos arrendamentos, xa no mercado, establécese unha limitación do incremento do contrato anterior, co IPC correspondente e con algúns incrementos cando se acredite que se realizaron obras de mellora e de eficiencia enerxética".

 

14:10

A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 20-30, Ione Belarra, comezou lembrando que era a primeira lei de vivenda da democracia. Esta lei, dixo, é para deixar atrás especulación e burbullas inmobiliarias e pelotazos urbanísticos".

14:14

Ione Belarra: "As burbullas inmobiliarias é o único que coñeceu a miñá xeración. Pasamos dunha burbulla hipotecaria do ano 2008, que deixou detrás miles de desafiuzamentos (...) e despois vivimos e estamos vivindo unha burbulla de alugueiro que subiron entre 2015 e 2020 ata o 50 % nalgunhas zonas. Esta burbulla beneficiou fundamentalmente os fondos de investimento e os grandes rendistas".

 

14:18

Ione Belarra: "Esta lei protexe principalmente os/as inquilinos/as, que son a parte máis débil da ecuación, pónllelo fácil aos pequenos propietarios e ao mesmo tempo esixe a necesaria corresponsabilidade aos grandes propietarios na garantía do dereito a vivenda".

14:21

Ione Belarra: "Esta lei vai permitir por primeira vez que as comunidades autónomas regulen o prezo da vivenda en alugueiro nas zonas de mercado tensionado, inusualmente altos. Nestas zonas, os grandes propietarios van ter que baixar os prezos aos índices de referencia e os pequenos ou verán conxelados os alugueiros, e por suposto a través dos incentivos fiscais que aprobamos con esta lei, vailles saír a conta baixar os prezos dos alugueiros".

14:25

Ione Belarra: "Tamén imos poñer freo á que foi unha das vulneracións dos dereitos humanos que vivimos no país, que son os desafiuzamentos sen alternativa habitacional. Ímoslles esixir aos xulgados que soliciten un informe a Servizos Sociais para determinar se a familia que vai ser desafiuzada está nunha situación de vulnerabilidade. Se o está, a comunidade autónoma terá a obriga de buscar nun prazo de 2 a 4 meses unha vivenda digna alternativa, non un albergue".

14:28

Ione Belarra: "A lei tamén vai permitir sacar ao mercado do alugueiro a vivenda baleira (...) Os concellos poderán recargar o IBI ata nun 150 % as vivendas baleiras".

14:30

Ione Belarra: "Non temos un parque público de vivenda en alugueiro; iso afástanos de Europa. Francia ten 7 veces máis vivenda social que España, os Países Baixos teñen 12 veces máis. (...) A obrigatoriedade de reservar o 30 % de calquera promoción para vivenda protexida e dese 30 %  o 15 destinado a alugueiro social é unha medida fundamental porque nos vai permitir ir construíndo un parque público".

14:36

Sobre a falta de apoios no Congreso para aprobar a reforma laboral, a voceira do Goberno, Isabel Rodríguez dixo que están traballando para "lograr eses apoios e o Goberno non contempla outros escenarios que non sexa a validación porque é xa unha lei vixente que trae enormes vantaxes aos/ás traballaores/as, porque goza da lexitimidade e fortaleza do diálogo social e entendemos que os grupos políticos parlamentarios van facer esta reflexión".

14:49

A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, expresou a condena e rechazo aos acontecementos de onte no concello de Lorca: "É moi reprobable que se produzan istos actos de violencia; cando se fan a unha institución o que se está agredindo amais é a democracia. O noso apoio a súa corporación, ao seu alcalde e absoluto rexeitamento e condena".

14:56

Sobre os abusos da Igrexa, Isabel Rodríguez, dixo que o Goberno está traballando, "estámolo facendo ao lado das vítimas. Queremos que se investiguen estes abusos para reparar, fundamentalmente, a súa dor e que non volvan ocorrer".

14:58

Canto as relación co rei emérico lembrou  Isabel Rodríguez que non son obxecto de tratamento por parte do Goberno, que "as relacións son coa actual Casa Real, co actual xefe do Estado. Nesta caso as relacións son correctas e non temos nada que engadir, nada que dicir".

15:05

Ione Bellara: "Os avances sociais como os desta lei de vivenda tiveron sempre en contra, rexeitamento, a parte de poderes que son abertamente reaccionarios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar