Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conmoción no barrio lugués da Ponte, de onde era veciño o falecido en Estaca de Bares

Conmoción no barrio lugués da Ponte, de onde era veciño o falecido en Estaca de Bares

O supervivente do naufraxio, irmán do finado, continúa estable no HULA

Félix Aragunde 16/11/2022 13:36

Pesar no barrio lugués da Ponte, onde se criaron os irmáns que naufragaron na Estaca de Bares mentres pescaban robaliza. Do falecido no suceso, Manuel Prado Vázquez, de 49 anos, os veciños destacan que era unha persoa moi apreciada e que tiña unha dilatada experiencia como pescador, tanto no río coma no mar.

Os achegados do falecido consólanse sabendo que polo menos o seu irmán sobreviviu ao naufraxio. Iso si, moi preocupados polas secuelas que lle poidan quedar debido aos traumatismos sufridos.

O irmán do finado, Jesús Prado, continúa ingresado no HULA, onde se encontra estable, e non se teme pola súa vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade