Publicador de contidos

Publicador de contidos

O goberno galego amplía as axudas a autónomos para "beneficiar 30.000 negocios"

O goberno galego amplía as axudas a autónomos para "beneficiar 30.000 negocios"

Tamén crea unha nova liña de axudas, de 1,3 millóns, para que os autónomos poidan contratar persoas de difícil inserción

A Xunta aproba o decreto regulador da formación sanitaria especializada con incentivos pra aumentar o número de titores MIR

Rueda anuncia que a Xunta analiza 84 alegacións á lei do litoral coa previsión de aprobala en maio

G24.gal 02/02/2023 11:51 Última actualización 02/02/2023 20:12

O Consello da Xunta aprobou este xoves ampliar o orzamento das axudas aos autónomos ante o éxito da convocatoria "co obxectivo de beneficiar 30.000 negocios". Son apoios de entre 800 e 1.500 euros para que os traballadores por conta propia e microempresas poidan compensar a suba de custos pola inflación.

O presuposto inicial era de 30 millóns e agora pasa a 35 millóns co obxectivo de beneficiar uns 30.000 negocios. Anunciouno o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que avanzou tamén axudas para autónomos que contraten desempregados de difícil inserción laboral, como persoas con discapacidades, maiores de 55 anos ou emigrantes. 

Rueda explicou que a Xunta destinará este ano 65 millóns de euros en axudas para apoiar o colectivo de autónomos "no momento en que máis o están necesitando".

Lei do litoral

O presidente da Xunta tamén informou de que o Goberno galego xa está analizando as 84 alegacións que se presentaron ao anteproxecto da lei de ordenación do litoral. Alfonso Rueda di que esperan remitir ao Parlamento a norma a finais da primavera.

Rueda destaca o "consenso xeral" de que Galicia si ten competencias para decidir sobre a súa costa, en contra do que sostén o Goberno central.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade